martes, 27 de septiembre de 2016

FEIJOO GANOU AS ELECCIÓNS NON PORQUE SEXAMOS GILIPOLLAS OU IGNORANTES PRECISAMENTE




Hoxe pola mañá sendo 27 de setembro mentres estaba na cama cunha gripe enriba que parecía que estaba a morrer, andaba a ollar noticias dos periódicos dixitais cando lin unha na que se notaba que algún aínda lle afectaba a resaca electoral de Galicia do 25 de setembro.
Para precisar neste caso estoume a referir unha noticia da Voz de Galicia na que se estaba a falar dun polémico twit do deputado de En Marea/Podemos do Congreso do Deputados Don Miguel Anxo Fernán Vello.

No Twit en cuestión o señor Anxo referíase tras o escrutinio de votos das eleccións a que o motivo polo cal o señor Feijóo gañou por terceira vez as eleccións para a Xunta de Galicia era porque o pobo galego era un pobo alienado e ignorante escravo que vota ao amo (por amo supoño que se refire ao señor Feijóo).

A pesar de que o señor Anxo, dándose conta do seu erro e de que esas nin eran as palabras axeitadas nin o mellor lugar para expresar o seu enfado, rectificou e pediu desculpas a verdade sexa dito e que non se trataba dunha manifestación sobre as eleccións aislada, e dentro do mundo de twitter había moitos máis internautas que opinaban que o motivo de que gañara o PP as eleccións en Galicia se tratába a unha suposta ignorancia que sufriamos ou que simplemente eramos gilipollas, houbo quen aínda afirmou que se trataba dunha vitoria da socioloxía franquista e que así se ía a reflexar na prensa estranxeira.... dita prensa aínda a estou a esperar deben de vir nun avión de IBERIA ou ao mellor foron secuestrados e amordazados no Valle de los Caídos polo defunto ditador.

Tras ler o twit quedeime reflexionando sobre as palabras deste deputado e ademais do feito de confirmar o seu impresionante parecido ao malo da primeira película de Shrek (perdoe Don Anxo se esta a ler isto pero é vostede no rostro calcado) empecei a analizar os motivos da terceira maioría do señor Feijóo e se a causa da súa vitoria se trataba certamente nunha suposta ignorancia nosa ou nunha posible alienación da poboación.
¿E queredes saber o que penso sinceramente? Tras ver toda a campaña electoral e as xornadas previas a comezar ista, pois que queredes que vos diga, nin me sorprende que o PP volvese ganar e creo que non se tratou precisamente por culpa dunha suposta subnormalidade nosa, creo que os culpables desta vitoria foron precisamente os outros candidatos que se presentaron, os respectivos partidos políticos aos que representaban e a forma na que fixeron a campaña electoral.

Porque a ver, se Feijóo logrou botar fora da Xunta fai 8 anos a Emilio Pérez Touriño que era nese momento o presidente da Xunta (PSdeG) usando as simples e tontas polémicas da compra dunhas cadeiras que se fixeran para o despacho do señor Emilio xunto a compra tamén dun coche oficial que disque estaba blindado, como é que os rivais do señor Núñez Feijóo non lograron quitarlle a este nestas eleccións a súa maioría absoluta tendo con eles a polémicas do Caso Baltar, as folgas que fan todos os anos os gandeiros polo problema dos prezos do leite, a falta de medios nos hospitais en verán, a mala xestión da prevención dos incendios (a cal tamén usou o señor Feijóo para facer campaña cando estaba na oposición e agora pedía que non se politizase o tema, tócate o carallo) ou a restrición dos fármacos a Hepatites C. 
 
 ¿Como é posible? Pois ao mellor porque apenas falaron (a maioría) destes problemas os seus respectivos rivais e cada un estaba no seu mundo a velas vir nunca mellor dito pero vaiamos por partes. 

Para comezar un motivo real da vitoria de Feijóo é o descoñecemento da maioría da poboación de quenes eran os outros candidatos a Xunta. Os galegos coñecen o nome do candidato do PP e o nome dun dos outros candidatos como moito pero a que se debe esta desinformación.

No caso do PSdeG entre en outras cousas é que claramente non teñen candidato, tendo hoxe un e mañá outro xa que a realidade do partido socialista é que dende Touriño non logran atopar un líder fixo e estable en Galicia. O candidato que elixiron pa estas eleccións foi o señor Leiceaga ao cal debo admitir que si que me sabía o seu nome pero non porque coñeza ao candidato senón porque Leiceaga o seu apelido, asemelláseme ao nome que lle podería poñer eu unha empresa de conservas e por iso me chamou a atención ( Conservas Leiceaga S.A, atún fresco e de Galicia... ten gancho eh?). Ademais na campaña de Leiceaga pouco de Galicia oín falar e parecía mais centrado no problema estatal que nos problemas de aquí. Pa poñervos exemplos tedes os mensaxes electorais que amosaban en twitter nos que usaban imaxes de Soria ou Rita Barbera para indicar que o PP de Galicia estaba corrupto, que vamos que parecía que o señor Leiceaga ou os seus compañeiros de twitter non coñecían ao señor Baltar que si que é un caso de bastante vergoñento dentro do PPdeG, pero parece que preferían usar os casos de fora Galicia que non viñan a conto nestas eleccións.
Nas críticas a Feijóo tampouco usaron moito que digamos as polémicas anteriormente ditas, e o candidato socialista so se refería a Feijóo principalmente para dicir que este estaba máis pendente de ir a Madrid que de Galicia,  do outro pois nada de nada



Despois temos o caso de En Marea dos cales aínda tiven que mirar hoxe o nome do candidato que nin idea de como se chamaba.... son cousas que pasan por elixilo no último momento, que a xente logo non ten nin idea nin de como se chama o pobre home. Quen teña memoria de peixe recordareille que a elección de Luis Villares como candidato de en Marea veu tras unha forte discrepancia e crise do partido.
Por un lado estaba o problema de que algúns querían que Beiras fose o candidatos mentres que outros preferían a un candidato que fose máis xoven e por outro lado veu a cuestión de se En Marea e Podemos debían ir xuntos ou non nas eleccións galegas. Ditos problemas solucionáronse na miña opinión mal e no ultimo momento o cal deu no partido un sensación de inestabilidade
Outro problema do cal se lle avisou a En Marea tanto fora do partido, por parte por exemplo do BNG dos cales recibiron fortes críticas como dentro do mesmo partido como foi o caso de Beiras é que En Marea pouco se estaba a falar de Galicia o cal víase reflexado no Congreso onde os deputados que dentro de Podemos representaban a En Marea apenas se lles vía participar e falar sobre Galicia. A pesar das advertencias a liña a seguir deste partido pouco cambiou na campaña electoral e máis que parecer que se presentaba un partido de Galicia parecía que se estaba a presentar Podemos cando teoricamente estes simplemente eran un dos moitos partidos que formaban parte da coalición dentro de En Marea. Tamén lle temos que sumar a que a suposta contenda que se formou entre Errejón e Pablo Iglesias tamén afectou a formación dándolle máis sensación de inestabilidade e facéndoa parecer máis un partido de Podemos que de En Marea.

Logo temos ao BNG que no seu caso podemos dicir que souberon rectificar e cambiar o modo de facer a campaña de forma acertada e a tempo. So hai que fixarse que nas encostas predicíase que o BNG ía afundirse nos 2 deputados e que finalmente sacaron para sorpresa de moitos 6 deputados.
O motivo? Moi simple Ana Pontón e o BNG lograron ver que non facían nada facendo hastags como o de #GaliciaIsNotSpain, dicindo simplemente que a culpa dos problemas de Galicia era que todo se xestionase dende Madrid, que os galegos eramos uns marxinados de España ou eloxiando ao que estaba a facer o nacionalismo de Cataluña. Cambiaron a forma de dar o discurso e si falaron de cales eran o problemas  que para eles tiña Galicia e dando as súas posibles solucións e propostas. Isto materializouse nunha boa actuación da candidata do Bloque no debate da TVG que fixo que lograse frear a fuga de votos cara En Marea e que en vez de sacar dous deputados como predicían as encostas sacase finalmente 6.

Finalmente temos o caso de Cidadáns que bromas a parte polo penoso de que escribisen o seu slogan mal en galego e puxesen a bandeira de Galicia ao revés hai que dicir que a súa candidatura estaba dende o minuto un abocada ao fracaso porque de propostas sobre Galicia nada de nada e a eso súmalle que no debate da TVG a candidata de Cidadáns era a única que  estaba a falar en castelán... que nin Feijóo vamos, non me estraña que nas papeletas saíse a cara de Albert Rivera e non a dela porque con semellante actuación madre mía . O único bo que fixeron dentro do que cabe foi usar xunto co BNG o caso Baltar para atacar ao señor Feijo pero nin iso os logrou salvar de non sacar representación.

Por último voume referir ao PP pero non precisamente ao partido senón aos seus votantes pa darlles un consello:
Se votastes ao PP nestas eleccións, non saiades do armario sobre este tema nas redes sociais porque houbo quen si admitiu que votou a Feijóo no facebook e aínda que na mesma publicación dixo que por iso moita xente non ía respectar a súa elección e o ía poñer a caldo pois moitos colleron e déronlle por todos lados falando de forma figurada claro (houbo quen ao pobre case case mo acusan de ser cómplice de Baltar).

Asique votantes do PP se vos preguntan mellor dicir que votastes a PACMA que o que ta de moda agora e non produce prexuízos e librádesvos dunha posible queima de bruxas.
Porque bromas a parte e dicindo antes de nada que eu non votei ao PP precisamente, podo chegar a entender a quen si o votou porque vamos vendo os problemas que o resto dos partidos se estaban a montar dentro deles mesmos, a empanada dalgúns e que non se lograban dar de acordo eles mesmo a ver como ían facer pa darse de acordo entre eles pa formar goberno pois vamos xa sabedes o dito que usaron os que votaron ao grupo da gaivota: “máis vale malo coñecido que bo por coñecer” e se eso lle sumas que en Cataluña que e onde tan gobernando tres partidos xuntos (CUP e ERC xunto con CIU que forman Junts Pel Si) non se dan de acordo pa aprobar uns presupostos e algún deles está mais pendente de sacar a estatua de Colón de Barcelona que de aprobar os documentos ditos anteriormente pois que vamos a cousa non axuda moito e llo pos máis fácil ao azuis

No hay comentarios:

Publicar un comentario