miércoles, 7 de marzo de 2018

Folga Polémica?



Se tivera que resumir o transcurso dos días dende o luns 26 ata hoxe tería que usar a data “8 de Marzo” unida a palabra “polémica”, xa que a convocatoria dunha folga feminista para este día estivo e esta sendo obxecto de debate e discusión tanto nas redes sociais como nalgúns medios de comunicación; o motivo? Non existe un so motivo, pero se nos centramos no discutido na redes sociais o principal é, que a folga sexa feminina, é dicir, so de mulleres, quedando fora da súa participación os homes. Este detalle leva provocando dende o luns que uns se sintan ofendidos por estar excluídos da folga, que fai que a súa vez elas se sinta ofendidas porque eles critiquen este feito, que a súa vez provoca que eles se sinta ofendidos porque elas critiquen a súa critica.... a roda que sempre xira. 

Dende o meu punto de vista, o de un espectador dos sucesos que están a acontecer penso que a raíz desta polémica, deste “problema” ou discusión xerado defínese e resúmese nunha soa palabra “desinformación” o non saber o porque do que está a acontecer e porque acontece nestes momentos, unha desinformación que moitos non se molestan en solucionar porque para que informarse ou informar antes se alzar a voz sen coñecemento sempre foi máis sinxelo.
Primeiro empezaremos coa data, por que 8 de Marzo? Por que o 8 de Marzo se elixiu o día da Muller Traballadora?. O motivo histórico acontece o 8 de Marzo de 1908 cando en Nueva York nunha fábrica téxtil 129 mulleres se encerraron nela en protesta das lamentables condicións de traballo que estaban a sufrir; a solución do dono da fábrica non foi outra que prenderlle lume ao edificio, morrendo calcinadas todas as traballadores que estaban a esixir dentro unhas condicións que actualmente nin chegarían ao nivel que consideramos como mínimas.

Se seguimos a estela da desinformación toca responder á pregunta ¿Cal é o motivo polo que se convoca a folga? O motivo, o cal descoñecen moitos dos que a critican, é principalmente a brecha salarial entre homes e mulleres, noutras palabras, que un home obteña un soldo maior que unha muller nas mesmas condicións de traballo e no mesmo posto. Segundo os datos de Eurostat en 2016 a brecha salarial en España foi dun 14,2%, e aínda que certamente é unha porcentaxe moito menor que a de outros países europeos como o noso veciño Portugal cun 17,5% ou incluso Alemaña cun 21,5%, non quita que o feito de que unha muller polo simple motivo de ser muller cobre menos que nos, os homes, sexa non só inxusto, senón tamén algo carente de sentido. Un profesor fai uns días que refutábanos que estes datos eran erróneos, que esta brecha, no sector público non existía; certo no sector público a súa existencia rebáixase a mínimos pero as mulleres non so traballan no sector público, existe o sector privado onde a brecha salarial é máis evidente , é unha realidade coa convivimos

A terceira pregunta a responder non é outra que, por que so poden/ deben facer folga as mulleres? Dende o meu punto de vista, o de un espectador reitero, é clara, os homes non sufrimos a brecha salarial, o feito de ser homes non nos resulta un prexuízo a hora de traballar que provoca que gañemos un soldo menor ao do noso compañeiro e sen ter que incidir no feito de que a moitas mulleres se lles poña como condición para traballar nunha empresa que non poidan quedarse embarazadas, que de quedarse o seu posto de traballo correra perigo constante porque o seu xefe non esta disposto a unha posible baixa por maternidade, que moitas delas sofran acoso ou condutas lascivas de compañeiros ou superiores. Se nos non o sufrimos, que dereito temos a facer a folga, que sentido ten.
Cousa distinta e diferente e acudir as manifestacións que se convocan, porque como moitas aclaran á manifestación podemos acudir, nada nos impide ir a apoialas pero a loita é delas

Certo tamén que moitos din que esta manifestación non solucionará o problema, pero a razón da folga, da manifestacións non é so acabar coa brecha, é tamén mostrar unha realidade inxusta, un problema que debemos arranxar, do que se debe concienciar a xente, que o feito de que unha muller gañe menos que un home por un mesmo traballo é unha inxustiza que se debe poñer fin; como dicía Immanuel Kant, o valor moral dunha acción non consiste nas consecuencias que se produzan despois dela, senón na intención coa que se realiza e a intención desta folga é a igualdade aínda que con ela non se logre ao día seguinte acabar co problema
Pode que mañá, 8 de Marzo, non se poña fin ao problema pero será outro paso, outro gra de area posto en busca da igualdade porque certamente, é o que se busca, unha igualdade entre todos nos en iguais condicións

No hay comentarios:

Publicar un comentario